Chris Pine, listo para unha partida de rol

181

Chris Pine está a negociar a súa entrada coma protagonista na adaptación ao cinema do popular xogo de rol Dungeons and Dragons para a Paramount Pictures, a Hasbro e mais a produtora canadiana eOne.

Os responsábeis de Game Night, Jonathan Goldstein e John Francis Daley, escribirán e dirixirán esta longametraxe, baseada nun concepto orixinal de Michael Gilio. A história seica vai sobre un guerreiro e mais a súa banda de creaturas fantásticas, embarcados nunha perigosa viaxe para atoparen un mítico tesouro.

Esta versión leva en desenvolvemento moitos anos, durante os que se considerou contratar para o papel principal ao actor e DJ Ansel Elgort (Baby Driver). A New Line adaptara a franquía á pantalla grande en 2000, pero foi un desastre nos despachos de billetes mália a participación de estrelas da época coma Justin Whalin, Marlon Wayans, Thora Birch e Jeremy Irons.

Jeremy Latcham e Brian Goldner serán os produtores. A estrea está prevista para o 27 de maio de 2022.