A Illa da Fantasía regresa en 2021

140

A Fox ven de encargar o comezo inmediato da produción da série Fantasy Island, a nova versión para a pequena pantalla do clásico da televisión dos anos 70, para que poida debutar ao longo do verán do ano que ven.

Esta será unha moderna série semi-antolóxica que segundo deu a coñecer a compañía, “profundiza nas preguntas de ‘o que acontecería se’, tanto grandes coma pequenas, que nos manteñen espertos pola noite“. Cada episódio contará histórias de persoas que entran cun desexo, pero que rematarán renacendo a través do realismo máxico da Illa da Fantasía.

A série será unha coprodución entre a Sony Pictures Television, a Gemstone Studios e mais a Fox Entertainment, e estará a cargo das escritoras e produtoras executivas de Angel, Lie to Me e The Shield, Liz Craft e Sarah Fain.

A nova Fantasy Island non só ven continuar o orixinal de 1978 e mais o seu breve remake de 1998, senón tamén unha longametraxe de terror da Blumhouse de princípios deste ano.