O realizador inglés Alex Garland, experto en traballos que lle gustan moito á crítica pero pouco ao grande público (Ex Machina, Annihilation), ven de lle pór os ollos a un novo proxecto, unha longametraxe que contará coa produción da compañía de entretemento A24.
Jessie Buckley (Chernobyl) e mais o veterán Rory Kinnear (Skyfall, Penny Dreadful) serán posibelmente os protagonistas deste filme, que se titulará Men e que foi escrito polo mesmo Garland. A história seica vai sobre unha muller que despois do falecemento do seu ex-marido, marcha soa de vacacións pola campiña inglesa. Aínda que este argumento non semella dicir moito, agárda-se que vaia na liña das anteriores producións de Garland con elementos de ciéncia-ficción.
Scott Rudin, Eli Bush, Andrew Macdonald e Allon Reich serán os produtores. O traballo mais recente de Garland é a série de televisión Devs, que emite a canle FX.