A actriz e comediante Tiffany Haddish está a pechar os derradeiros cabos da negociación para entrar no elenco do filme que tentará adaptar ao cinema a novela Landscape with Invisible Hand orixinal do escritor M.T. Anderson, gañador do prémio nacional do libro nos Estados Unidos, e que dirixirá Cory Finley (Bad Education) para a MGM, a Plan B e a Annapurna.
A história é unha sátira da economía de mercado ambientada nos anos que lle seguen á invasión extraterrestre dos Vuvv, mentres o artista adolescente Adam Costello tenta axustar-se a unha economía esnaquizada, na que carece de cartos para comida, auga ou menciñas. Para saíren da crise, Adam e mais a súa moza deciden emitir en directo a súa vida amorosa para os fascinados Vuvv. As cousas non sairán coma era de agardar e a parella comeza a ter dificultades, pero non poden separar-se sen poñeren en risco ás súas famílias.
Polo de agora non se sabe que papel faría Haddish, pero probabelmente non sexa a protagonista, senón un dos áliens.