O guionista de Rick & Morty, na vindeira Star Wars

50

Michael Waldron será o encargado de escribir o guión da vindeira longametraxe da franquía de Star Wars que desenvolverá e producirá o presidente da Marvel Studios, Kevin Feige, para a Lucasfilm e a Disney Pictures. Estas son as primeiras novas que chegan sobre o filme dende finais de 2019, porque o proxecto de feito non fora nin mencionado no decurso da pasada conferéncia de investidores da Disney no pasado mes de decembro.

Waldron foi galardoado cun Emmy coma guionista e produtor de Rick and Morty, e nestes intres o seu nome é ún dos que mais sona leva en Hollywood, coma responsábel do guión do vindeiro filme de Sam Raimi, Doctor Strange In The Multiverse Of Madness, e coma guionista e creador da série de televisión Loki para o servizo de streaming da Disney+.

O acordo con Waldron incluiría ademais unha segunda tempada de Loki.