Benson e Moorhead dirixirán a Moon Knight

127

Justin Benson e Aaron Moorhead, a parella responsábel da aclamada triloxía de filmes de terror independente Resolution, Spring e The Endless, ven de ser confirmada para se encargar de dirixir vários episódios da série de televisión Moon Knight para a Marvel Studios.

O showrunner de The Umbrella Academy, Jeremy Slater, está a desenvolver este proxecto, que contará ademais co realizador Mohamed Diab para dirixir os restantes episódios.

A história, baseada no superheroe da Marvel, vai sobre un mercenário con numerosas identidades que se converte no conduto do deu da lúa exípcio, Khonshu, despois de ser deixado por morto nunha perigosa misión.

O gañador do Globo de Ouro Oscar Isaac é polo de agora o nome que mais soa para se facer co papel protagonista, aínda que a Marvel non confirmou as novas, que foron dadas a coñecer por algúns membros da equipa de rodaxe.