A Sony volve adiar Morbius

125

Após de mudar unha primeira vez a data de estrea dende xullo de 2020 ao 19 de marzo deste ano, a Sony Pictures ven de adiar novamente a longametraxe Morbius, esta vez outros sete meses, até o 8 de outubro.

A fita está baseada no persoaxe dos cómics da Marvel Morbius the Living Vampire, e nela Jared Leto toma o papel de Michael Morbius, un científico que sobre unha rara enfermidade do sangue que tenta curar-se, pero o seu experimento sae mal e remata por se infectar cunha forma nova de vampirismo.

Matt Smith é o supervilán antagonista, Loxias Crown, e Jared Harris interpreta ao mentor de Morbius, Adria Arjona á súa moza e Tyrese Gibson e Al Madrigal a senllos axentes do FBI que están a persegui-lo. O sueco Daniel Espinosa é o director.