Affleck entra nas Cidades Perdidas

121

Seica a Disney está a desenvolver un filme con acción real baseado na série de libros supervendas da escritora Shannon Messenger Keeper of the Lost Cities.

Ben Affleck sería o director e produtor a través da súa compañía, a Pearl Street, e ademais co-escribirá o guión xunto a Kate Gritmon. Madison Ainley será a produtora executiva.

A história orixinal é unha saga de fantasía que apareceu na lista de libros supervendas do New York Times e conta a história de Sophie Foster, unha rapaza de 12 anos que ten o poder de ler a mente. Sempre se sentiu soa, até que un misterioso neno chamado Fitz Vacker amósa-lle un lugar ao que pertence, e di-lle que se fica onde está porá-lle nun terríbel perigo. Sophie debe abandoar todo o que coñece e comezar unha nova vida nas Cidades Perdidas.

A saga comezou en 2012 e ven publicando un libro por ano, polo que polo de agora xa van nove.