A canle The CW ven de abandoar os seus plans para producir a série secuela Green Arrow and the Canaries, que contaba con vários dos persoaxes da série orixinal Arrow continuando na nova.
O penúltimo episódio de Arrow servira de feito coma piloto deste spin-off, no que Laurel Lance chegaba ao ano 2040 para recrutar a Dinah Drake e mais á nova Frecha Verde, Mia Smoak, para loitaren xuntas contra unha ameaza na liña do tempo. Ademais, a misión secreta de Laurel era evitar que Mia facilitara a destrución da cidade, tal e coma predicían os titulares do futuro. Katherine McNamara, Katie Cassidy e Juliana Harkavy ían ser as tres protagonistas.
As novas da cancelación chegan un ano despois de que rematara a série e sen que se chegara encomezar ningún traballo, polo que non deberían abraiar a ninguén.