Minisérie de 1984

90

A compañía Wiip Productions está a planear unha série limitada con cinco episódios que adaptará á televisión a emblemática novela de ciéncia-ficción distópica 1984.

Nombergantes, anúncian que a minisérie non se baseará directamente na clásica novela que George Orwell escribiu en 1949, senón na mais recente obra de teatro estreada en Broadway, unha versión para os escenários especialmente escrita por Robert Icke e Duncan Macmillan, que á súa vez se basea no libro de Orwell.

A história en todo caso ten lugar nun futuro sinistro, onde o mundo caeu no negacionismo, a propaganda, a guerra interminábel e a vixiláncia masiva. A novela examina como os feitos e verdades da política e a realidade poden ser doadamente manipulados.

Entre os produtores executivos da série estarán Icke, Macmillan, Paul Lee e David Flynn. Este último supervisará o proxecto para os estudos.