Joe Barton, o aclamado creador da série de televisión inglesa Giri/Haji e guionista da longametraxe de terror The Ritual, fará-se cargo do posto de showrunner de Gotham P.D., a vindeira série que funcionará coma precuela do vindeiro filme The Batman, de Matt Reeves.
Barton entra no proxecto dous meses despois de que o veterán guionista Terence Winter (responsábel de séries coma The Sopranos ou Boardwalk Empire) abandoa-se o programa por mor de diferéncias creativas. Reeves ademáis será o produtor executivo.
A série céntra-se no departamento de policía de Gotham City e está ambientada un ano antes dos acontecementos que teñen lugar no filme The Batman mentres examina a corrupción na cidade. O proxecto comezou chamándo-se Gotham Central e a Warner Bros. TV será a canle que o produza.