O regreso do Capitán América

79

O Capitán AméricaMália a súa retirada após Avengers: Endgame, Chris Evans podería repetir o seu papel de Steve Rogers/Capitán América para a Marvel Studios. Os detalles polo de agora son vagos, e só se sabe que podería aparecer nalgunha série ou mesmo nun novo filme, que en todo caso non sería protagonizado por el, senón por algún otro superheroe, e o Capitán América aparecería coma convidado ou secundário salientábel, do mesmo xeito que Robert Downey Jr. aparece en Spider-Man Homecoming.