O “SnyderCut“ volve ser un só filme

81

A Justice League de Zack SnyderNo decurso dunha conversa online cos seus fans, o realizador Zack Snyder indicou o venres que a súa versión de Justice League, o famoso SnyderCut, xa non vai ser unha série limitada de catro episódios na HBO Max, senón un filme de catro horas. Non está claro se a Warner e a HBO están de acordo, pero até agora sempre se pregaron aos seus requerimentos. O único certo polo de agora é que o título Zack Snyder’s Justice League non se poderá utilizar por motivos legais. Haberá que agardar á aparición do póster oficial para sabermos mais.