Cox albiscado na rodaxe de Spider-Man

100

DaredevilHai un mes comezou o rumor de que Charlie Cox (Daredevil na série da Netflix) podería participar no filme Spider-Man 3 da Marvel e a Sony. Agora algunhas fontes din que o actor de 38 anos foi visto nos estudos onde se está a rodar a película. Daredevil foi o primeiro superheroe que tivo unha série de seu na Netflix, onde fixo moitas referéncias aos acontecementos de The Avengers, creando deste xeito un vencello moi evidente co universo Marvel. Após de que a Marvel recuperase os dereitos sobre os persoaxes, as séries da Netflix foron canceladas, pero os rumores disparáron-se cando Kevin Feige deixou a porta aberta a un posíbel regreso.