Planean unha série de Dungeons & Dragons

90

Dungeons and DragonsO guionista de The Falcon and the Winter Soldier, Derek Kolstad, escribirá e desenvolverá un concepto para unha série de televisión baseada na franquía de xogos de rol Dungeons & Dragons, que a adaptará con acción real á pequena pantalla. O proxecto polo de agora non ten calendário de produción e non garda relación coa longametraxe que a Paramount Pictures, a Hasbro e a eOne están a facer pola súa conta. O mes pasado se soubo que Chris Pine estaba a negociar unha posíbel entrada no elenco.