Balagov, novo responsábel de Last of Us

612

O realizador ruso Kantemir Balagov, responsábel da longametraxe Dylda que gañou vários prémios no festival de Cannes de 2019, dirixirá o episódio piloto da série que adaptará para a HBO o famoso videoxogo The Last of Us.

Craig Mazin, o creador de Chernobyl na mesma canle, será o guionista e produtor executivo xunto ao escritor e director creativo do xogo, Neil Druckmann.

A série está ambientada dúas décadas despois de que unha pandémia causada por fungos destruíra a civilización moderna, e a história céntra-se na relación entre un duro supervivente chamado Joel e unha rapaza de catorce anos chamada Ellie, que podería ser a clave para a cura. Joel é contratado para sacar á adolescente dunha opresiva zona de corentena, pero o que comeza sendo un pequena traballo axiña convérte-se nunha viaxe brutal a través dos Estados Unidos, no decurso da cal ambos dependerán do outro para sobreviviren.

Inicialmente o director de Chernobyl, Johan Renck, ía encargar-se do proxecto, pero tivo que abandoar por mor dun conflito coa súa axenda de traballo. Carolyn Strauss, Evan Wells, Asad Qizilbash e Carter Swan serán os outros produtores executivos.