O dúo de Gambit e Chernobyl, en misión espacial

252

Após do seu sensacional éxito coa minisérie The Queen’s Gambit na Netflix, o guionista e director Scott Frank e mais o director de Chernobyl, o sueco Johan Renck, van encamiñar os seus esforzos cara a un proxecto conxunto no eido da ciéncia-ficción: unha série limitada que adaptará para a canle FX a novela The Sparrow, da escritora Mary Doria Russell.

Publicada en 1996, a história vai sobre un grupo formado por curas xesuítas e mais científicos liderado polo sacerdote lingüísta Emilio Sandoz, que fan o primeiro contacto con vida extra terrestre. O Vaticano daquela encárga-lles unha misión secreta nun remoto planeta para demostrar a existéncia de Deus polo universo. Nombergantes, a misión remata nun desastre, e Sandoz, o único supervivinte, regresa á Terra para se enfrontar a un xuízo no Vaticano.

Frank, quen de todos os xeitos non é un novato no xénero (entre os seus mais ca salientábeis cretos están Minority Report, The Wolverine ou Logan) escribirá todos os episódios do proxecto, e Renck encargará-se de dirixi-los. Ambos serán os produtores executivos xunto a Mark Johnson (Better Call Saul) e mais a AMC Studios.