A série de Powder Mage

55

Joseph MalozziJoseph Mallozzi, un dos habituais produtores de Stargate, ven de ficar vencellado a unha nova série que adaptará para a tele a triloxía de novelas de fantasía épica Powder Mage, orixinal do escritor e produtor Brian McClellan. Mallozzi encargará-se do guión do episódio piloto, coa ideia de crear unha série con capítulos dunha hora de duración que se situará nas Nove Nacións, un mundo fantástico onde a máxia e a tecnoloxía do século XVIII enfróntan-se co telón de fondo dunha revolución sociopolítica e co regreso dos míticos deuses en loita polo control da humanidade.