Gwendoline Christie en The Sandman

78

Gwendoline ChristieGwendoline Christie (a Capitana Phasma en Star Wars e Brienne de Tarth en Game of Thrones) podería entrar no reparto da série que adaptará con acción real o clásico cómic The Sandman de Neil Gaiman na Netflix. Polo de agora só Tom Sturridge está confirmado oficialmente, para o papel de Soño. O papel de Christie non se sabe cal podería ser, pero os persoaxes de Desexo e Morte aínda están dispoñíbeis. A rodaxe dará comezo en outubro en Inglaterra.