A TNT planea un leito de morte

811

A canle TNT está a desenvolver a série Deathbed, baseada no cómic homónimo da DC creado por Joshua Williamson e Riley Rossmo, publicado en 2018 en seis números.

A história orixinal vai sobre Valentine Richards, novelista fracasada en reconvertida en reporteira, que é contratada para escribir as memórias de Antonio Luna, o mais grande aventureiro do mundo, pero que aos seus 90 anos está a morrer nun afastado castelo. Nombergantes, o que ela coidou ao principio que eran histórias fantásticas afectadas pola deméncia de Luna, resultan ser reais cando as pantasmas do seu pasado a arrastren a unha psicodélica batalla global chea de violéncia sobrenatural.

Neil Reynolds está a escribir o guión con Julie Plec producindo para a Warner Bros. Television, pero o proxecto está aínda nos seus primeiros chanzos.