A HBO Max podería estar a preparar unha secuela da mítica série de debuxos animados Batman: The Animated Series. O rumor comezou a se facer público no podcast de Kevin Smith no decurso dunha conversa co guionista Marc Bernardin, quen dixo: “O rumor é que a HBO Max está a ver de facer unha secuela de Batman: The Animated Series, que queren seguir adiante con isto“. Smith sorriu e dixo que el non está vencellado, pero que xa oíra o bule-bule de “xente moi fiábel“.