Invincible a partir de marzo

920

A Amazon ven de anunciar que a adaptación á pequena pantalla en debuxos animados do famoso cómic de Robert Kirkman Invincible estreará-se o vindeiro 26 de marzo, cunha primeira quenda de tres episódios dunha hora de duración cadanseu. A partir dalí, cada venres até o 30 de abril aparecerá un novo capítulo desta série, que é a segunda mais longa de Kirkman despois de The Walking Dead.

A história vai sobre Mark Grayson (Steven Yeun), un rapaz de dezasete anos cuxo pai é o superheroe mais pdoeroso do planeta, Omni-Man (J.K. Simmons). E mentres Mark vai desenvolvendo superpoderes de seu, descubre que o legado de seu pai non é tan heroico coma semellaba.

O elenco orixinal inclúe unha constelación de estrelas, entre as que estarán coma mínimo Sandra Oh, Mark Hamill, Seth Rogen, Mahershala Ali, Walton Goggins, Jonathan Groff, Jon Hamm, Clancy Brown, Djimon Hounsou, Zachary Quinto, Ezra Miller, Jeffrey Donovan, Andrew Rannells, Zazie Beetz, Gillian Jacobs, Mae Whitman e Jason Mantzoukas.