C.O.S.M.O.S. na Paramount

58

C.O.S.M.O.S.A Paramount Animation ven de se facer cos dereitos de C.O.S.M.O.S, o novo libro de aventuras para nenos orixinal do escritor e produtor Tom Wheeler (o guionista de Puss in Boots) e xa conta con intencións de adapta-lo a unha longametraxe de debuxos animados. A aventura, que seica é unha mestura entre Men in Black, Willy Wonka e Hitchhiker’s Guide to the Galaxy, é unha celebración da curiosidade, a diversidade e o poder da ciéncia para salvar ao mundo.