A Nación Álien de Nichols aínda vive

176

Hai xa vários anos que se soubo que o director Jeff Nichols (Take Shelter, Midnight Special) estaba disposto a escribir e dirixir un remake da alegoría racial en forma de ciéncia-ficción de 1988 Alien Nation.

No filme orixinal, un thriller ben recibido daquela, James Caan era o protagonista no papel dun policía racista obrigado a traballar cun novo compañeiro (Mandy Patinkin), membro dunha raza extra-terrestre que chegara á Terra anos antes xunto a outros 300.000 áliens, e que pouco a pouco estaban a se asimilar á vida en Los Angeles. O filme tivo éxito e xerou unha série de televisión de seu.

O proxecto de remake atoou en 2019 cando a Disney, proprietária dos dereitos após de mercar a 20th Century Fox, decidiu paralizar o filme xunto a unha chea doutros que estaban en desenvolvemento pola Fox. Agora, dous anos despois, Nichols ven de revelar que está disposto a tenta-lo de novo, esta vez cunha série de televisión limitada de dez episódios que produciría a 20th Century Studios.

Nichols e mais o director de fotografía Adam Stone revelaron que Alien Nation mudara o seu formato a unha minisérie, que “pode ser realmente flexíbel para estender o guión e traer novos persoaxes“. E engadiu: “Pasamos tres anos construíndo unha civilización extra-terrestre enteira e este escenário e todos os persoaxes. Propuxémo-nos face-la coma o noso vindeiro grande reto, unha película de estudo de 100 millóns de dólares. Daquela Disney mercou a Fox e a eliminou, o que foi moi desmoralizador, por dicir algo. Viñeron e preguntáron-me se estaría interesado en converte-la nunha série, potencialmente. Así que collín o guión e o dividín en dez episódios, e está a se considerar agora mesmo. Quen sabe, os xefes o están a decidir“.