Rodriguez regresa aos nenos espías

136

A Skydance Media e mais o Spyglass Media Group van-se asociar para produciren o relanzamento de Spy Kids, a franquía de nenos espía do director texano Robert Rodriguez.

A Skydance fíxo-se cos dereitos para facer unha nova longametraxe na série, propriedade da Spyglass e Rodriguez, quen será o guionista e director. A Skydance será o estudo que produza o filme e supervisará asemade o desenvolvemento e mais a produción.

A franquía comezou en 2001 e tivo xa tres secuelas. A derradeira delas, Spy Kids: All the Time in the World, estreou-se en 2011, e en total recadaron ao redor de 550 millóns de dólares en todo o mundo.

A nova película non será nombergantes unha secuela, senón unha nova versión que de novo xirará ao redor das actividades dunha família multicultural no mundo da espionaxe.

Rodriguez é xa todo un experto nisto de levar aos nenos á pantalla e a súa última aposta é o filme da Netflix We Can Be Heroes que se estreou hai un par de semanas.