A HBO Max está a desenvolver unha série de debuxos animados para adultos baseada no mundo de Game of Thrones.
A ideia está aínda nos seus primeiros chanzos e polo de agora xa se mantiveron xuntanzas cos guionistas. O tón tentará ser fiel ao da série orixinal e formará parte dunha estratéxia mais grande para expandir os mundos fantásticos do seu creador, o escritor George R.R. Martin.
Polo de agora non hai ningún acordo pechado, así que a ideia podería non saír adiante, pero a expansión da franquía xa é un feito que comezou coa precuela House of the Dragon que iniciará a súa rodaxe en primavera, e ademáis está pendente de aprobación a nova série Tales of Dunk and Egg.
Ainda que a HBO xa desenvolveu várias ideias baseadas en Game of Thrones que non chegaron a callar, o xurdimento da HBO Max fai que sexa mais posíbel producir novos proxectos relacionados coa franquía.