Corey Hawkins (The Walking Dead, Kong: Skull Island) será o protagonista da longamente agardada Last Voyage Of The Demeter, o thriller de terror que a Amblin Partners está a desenvolver dende hai xa case vinte anos.
A história está inspirada nun segmento da clásica novela Dracula de Bram Stoker, na que un veleiro ruso co nome da deusa grega Deméter transporta a caixa de Drácula dende o seu fogar en Roménia até Londres. O vampiro vai atrapando á tripulación un por un ao longo da viaxe até que chegan ás costas de Inglaterra con só un único supervivinte, que toleou. O filme centrará-se ao redor desta viaxe.
Zak Olkewicz escribiu o guión mais recente do que se teñen novas e o noruegués André Øvredal (Scary Stories to Tell in the Dark) dirixirá o proxecto que Bradley Fischer, Mike Medavoy e Arnold Messer producen.