Tim Robbins úne-se ao novo Poder

586

O gañador dun Oscar Tim Robbins será o coprotagonista xunto a Leslie Mann de The Power, a série de dez episódios da Amazon que está actualmente xa en produción.

Baseada na novela de ciéncia-ficción de Naomi Alderman, a história está ambientada nun mundo onde todas as rapazas desenvolven simultaneamente o poder de electrocutar á xente a vontade, o que conducirá a unha completa inversión do equilíbrio do poder no mundo.

Robbins sustitúe a Rainn Wilson, quen estaba orixinalmente asignado para o papel do governador republicano santurrón e fachendoso do Estado de Washington que é un constante problema para o Alcalde demócrata de Seattle (Mann).

Jane Featherstone, Naomi de Pear, Naomi Alderman, Reed Morano e Claire Wils son os produtores executivos.