Sam Neill podería regresar a Thor

440

Sam NeillSam Neill podería regresar á Marvel en Thor: Love and Thunder, que comezou a se rodar xa en Sydney. Neill apareceu en Thor: Ragnarok, no papel dun actor que interpretaba a Odín, pero polo de agora non está claro se repetiría a este persoaxe. Nunha entrevista deixou caer que el e mais Matt Damon (que facía o papel doutro actor que interpretaba a Loki) volverán ao filme, pero non quixo confirmar nada sobre o seu rol.