O novo Cloverfield xa ten guionista

108

O guionista inglés Joe Barton ven de ser contratado para escribir unha nova entrega da franquía de Cloverfield para a Paramount Pictures e a Bad Robot.

Ainda que esta será a cuarta entrega neste universo de monstros, o novo filme servirá coma continuación directa da orixinal de 2008 que produciu J.J. Abrams e non das súas dúas conseguintes secuelas, 10 Cloverfield Lane ou a nova e mais controvertida The Cloverfield Paradox.

Polo de agora non se deron a coñecer detalles sobre o argumento, e o único que se sabe é que esta cuarta parte non terá o formato de “metraxe atopada” que tiña o primeiro Cloverfield. Abrams e Hannah Minghella serán os produtores.

E ainda que o director do filme orixinal, Matt Reeves, non está vencellado ao proxecto, ten outra conexión co mesmo: Barton foi contratado recentemente coma showrunner de Gotham P.D., a vindeira série de televisión da HBO Max que servirá coma precuela do The Batman de Reeves.