Jonathan Entwistle (The End of the F—ing World) será o director do episódio piloto da nova série de televisión que continuará as aventuras de Willow, o filme de fantasía que Ron Howard dirixiu en 1988.
O director de Crazy Rich Asians, Jon M. Chu, ía ser orixinalmente o encargado deste piloto e mais o seu produtor executivo, pero tivo que abandoar por mor de conflitos coa súa axenda de traballo e porque ademais vai ser pai dentro de pouco.
Entwistle será polo tanto o produtor executivo xunto aos outros showrunners, Jonathan Kasdan e Wendy Mericle. Kasdan escribiu o piloto, e Kathleen Kennedy, Michelle Rejwan, Roopesh Parekh e mais Howard serán os produtores executivos.
A série presentará o regreso de Warwick Davis coma Willow Ufgood, xunto a Ellie Bamber e Cailee Spaeny. A produción comezará en primavera en Inglaterra.