Philippa Goslett fai-se cargo de Nevers

120

Dous meses despois da marcha do showrunner orixinal, Joss Whedon, a HBO ven de se facer con Philippa Goslett para ocupar o mesmo posto e mais o de produtora executiva do drama épico de ciéncia-ficción The Nevers.

Whedon aínda aparecerá nos cretos coma creador e produtor executivo. Ainda que os motivos da súa marcha non están claros, hai un par de meses emitiu un comunicado no que lle botaba as culpas aos desafíos físicos de se ocupar da série deste calado mentres hai unha pandémia.

A série vai sobre un grupo de mulleres vitoriáns que posúan habilidades especiais, inimigos incansábeis e unha misión que podería cambiar o mundo. No elenco están Laura Donnelly, Olivia Williams, James Norton, Tom Riley, Ben Chaplin, Pip Torrens, Amy Manson, Nick Frost, Ann Skelly, Zackary Momoh, Rochelle Neil, Eleanor Tomlinson e Denis O’Hare.

Jane Espenson e Doug Petrie serán os co-guionistas e produtores executivos xunto a Bernie Caulfield.