Hawke é o secuestrador do teléfone negro

628

Após de traballaren xuntos en Sinister, o actor Ethan Hawke reunirá-se unha vez mais co director Scott Derrickson para a adaptación da novela curta de Joe Hill Black Phone a unha longametraxe que producirán a Blumhouse e a Universal Pictures.

Mason Thames (For All Mankind) e Madeleine McGraw (Toy Story 4) serán os protagonistas desta história na que un rapaz é secuestrado e encerrado nun soto manchado co sangue das anteriores vítimas, média dúcia de nenos asasinados previamente. No soto só hai un vello teléfone desconectado, pero que soa cada noite con chamadas dos mortos. Hawke fará o papel do secuestrador.

O habitual colaborador de Derrickson, C. Robert Cargill, co-escribiu o guión, e ambos serán os produtores xunto a Jason Blum. Jeremy Davies, Mason Thames e Madeleine McGraw serán os outros protagonistas.