Após de se atoparen no filme Call me by your name en 2017, o actor Timothee Chalamet e mais o director Luca Guadagnino poderían volver traballar xuntos, esta vez nunha história de terror titulada Bones and All.
A actriz de Waves e Lost In Space Taylor Russell está en conversas para liderar o elenco do filme, baseado na novela do mesmo título orixinal da escritora Camille DeAngelis.
A história ten coma protagonista a Maren Yearly nunha viaxe a través do país, mentres procura ao pai que nunca coñeceu nun intento de comprender por que ten a necesidade de matar e devorar á xente que a ama.
Polo de agora non hai acordos para a súa distribución, pero a rodaxe comezará en abril ou maio cun guión de Dave Kajganich (A Bigger Splash).