Flanagan revela o elenco do Clube da Medianoite

640

Heather Langenkamp, unha das actrices mais relembradas da franquía de A Nightmare on Elm Street, será a protagonista da vindeira série de Netflix The Midnight Club.

O director de Doctor Sleep e The Haunting of Hill House, Mike Flanagan, anunciou o elenco de estrelas para esta adaptación á pantalla pequena da novela orixinal de 1994 escrita por Christopher Pike e que contará coa produción da Intrepid Pictures.

A história está ambientada en Rotterdam Home, un hospício para adolescentes enfermos termináis onde un grupo de pacientes comeza a se reunir polas noites para compartiren os seus contos de medo. O grupo fai un pacto segundo o cal o primeiro que morra deberá contactar cos outros alén da tumba.

O clube de enfermos estará composto por Adia, Igby Rigney, Ruth Codd, William Chris Sumpter, Aya Furukawa, Annarah Shephard e mais Sauriyan Sapkota. Zack Gilford, Samantha Sloyan e Matt Biedel unirán-se ao proxecto noutros papéis secundários, pero o reparto aínda non está pechado e outros actores habituáis dos filmes de Flanagan poderían aparecer coma convidados.

A série contará asemade con Leah Fong coma guionista, e Flanagan, Fong e Julia Bicknell serán os produtores executivos.