O reino de Wakanda terá unha série de seu

194

A Walt Disney Company ven de pechar un acordo exclusivo co guionista e director Ryan Coogler (Black Panther) segundo o cal durante os vindeiros cinco anos desenvolverán séries de televisión para o servizo de streaming da Disney+, incluíndo unha para a Marvel Studios baseada no utópico reino de ciéncia-ficción de Wakanda, que aparece nos filmes da Marvel.

O acordo permitirá ademais á compañía de Coogler, a Proximity Media, desenvolver producións de televisión para outras divisións da Disney. Nun comunicado de prensa, Coogler recoñece que a série de Wakanda será só o comezo:

Estamos especialmente entusiasmados de que vaiamos dar o noso primeiro chimpo con Kevin Feige, Louis D’Esposito, Victoria Alonso e os seus parceiros da Marvel Studios, onde traballaremos estreitamente con eles en programas selectos da MCU para a Disney+. Xa estamos a traballar nalgúns proxectos que non podemos esperar a compartir“.

Coogler continúa en todo caso vencellado á secuela de Black Panther, que ten fixada coma data de estrea o mes de xullo de 2022.