Sálve-se quen poida!

96

Save Yourselves!A Keshet Studios e a Universal Television desenvolverán unha série que adapte á tele a comédia de ciéncia-ficción de Alex Huston Fischer e Eleanor Wilson Save Yourselves! A história vai sobre unha parelliña de Brooklyn (John Reynolds, Sunita Mani) que van pasar uns días a unha cabana illada no bosque para desconectaren das súas vidas na cidade. Pero ao regresar, descobren que os áliens atacaron a Terra e deben atopar un xeito de volveren á civilización.