Idris Elba e mais a súa muller Sabrina veñen de pechar un acordo coa distribuidora de anime Crunchyroll para desenvolveren Dantai, unha nova série de fantasía escura.
Dantai é unha série de ciéncia-ficción afro-futurista ambientada nunha cidade onde o xurdimento da biotecnoloxía creou unha división entre os que a teñen e os que non. A série explorará a igualdade e o parentesco a través da história de dúas estrelas en ascenso a ambas beiras da división que se enfrontan entre si.
Os Elba producirán de forma executiva a través dos seus selos Green Door Pictures e Pink Towel Pictures. O acordo chega mentres se remata a venda de Crunchyroll á Funimation, unha empresa propriedade da Sony.