Iwan Rheon (o infame Ramsay Bolton de Game of Thrones), Jack Wolfe (The Witcher), Asha Banks e Amir Wilson (His Dark Materials) veñen de unir os seus nomes ao elenco de The Magic Flute, o vindeiro filme que producirá Roland Emmerich e que comezará a se rodar a semana que ven nos estudos Bavaria de Grünwald, ao sul de München.
Os devanditos actores compartirán escenário con estrelas mundiáis da ópera coma Sabine Devieilhe, Rolando Villazón e Morris Robinson. A rodaxe trasladará-se ademáis a Salzburg, Londres e ás illas Canárias.
O filme, alcumado coma unha versión moderna da ópera Die Zauberflöte de Wolfgang Amadeus Mozart, está ambientado na Europa dos nosos tempos e ten coma protagonista a un cantante de dezasete anos, Tim Walker, que viaxa dende Londres até os Alpes austríacos para ingresar no lendário internado Mozart.
Alí descubrirá un pasadizo esquecido durante séculos que o levará ao mundo fantástico da famosa obra mestre de Mozart. Wolfe interpretará o dobre papel de Tim e do príncipe Tamino, Rheon será o cazador de paxaros Papageno, Banks é a princesa Pamina e Wilson será o rival de Tim.
O realizador alemán Florian Sigl dirixe o filme, que ten prevista a súa estrea en 2022.