O capitán Nemo mais meniño

648

A Rainshine Entertainment e mais Animasia producirán unha triloxía de longametraxes de debuxos animados baseados na série de contos para nenos de Jason Henderson Young Captain Nemo.

A história orixinal está baseada nos nosos tempos, e vai sobre un neno aventureiro de 12 anos chamado Gabriel Nemo, descendente do lendário capitán Nemo, o protagonista de Vingt mille lieues sous les mers de Jules Verne. El e mais os seus amiguiños loitan contra a natureza, os falcatruáns e as forzas do mal a bordo do seu submariño, o Nemotech.

Jeffrey Reddick, o creador e guionista da franquía de Final Destination, adaptará os libros para a pantalla. Reddick ven de escribir ademais a vindeira série de debuxos animados Samurai Rabbit: The Usagi Chronicles para a Netflix.

A produción dos debuxos fará-se nos estudos Animasia, baseados en Maláisia, baixo a dirección de Ah Loong.