Drácula nun Western de ciéncia-ficción?

122

Após de ser nominada para os Globos de Ouro por Nomadland, a cineasta chinesa Chloé Zhao ven de fixar o seu vindeiro proxecto: abordar unha versión cinematográfica moi diferente do clásico Drácula para a Universal Pictures.

Esta nova volta de rosca descríbe-se coma un “western orixinal, futurista e de ciéncia-ficción” da história orixinal de Bram Stoker e do monstro clásico mais famoso da Universal. Zhao escribirá, dirixirá e producirá a película a través da súa produtora, a Highwayman.

Mália o disparatado da idea, que mestura conceptos moi diversos, seica o filme non terá contido cómico e explorará temas que ela abordou habitualmente na súa obra mais recente, coma The Rider, Nomadland e a vindeira Marvel’s Eternals, é dicir, os ignorados ou incomprendidos que viven nas marxes da sociedade.