Un refresco para Cathy Yan

126

A directora de Birds of Prey, Cathy Yan, escribirá e dirixirá unha adaptación ao cinema do conto The Freshening orixinal da escritora Rachel Khong para a FilmNation Entertainment.

A história está ambientada nun futuro próximo onde as tensións raciais e de xénero acadaron unha violéncia estrema e o governo americano institúe unha iniciativa de saúde pública chamada “o refresco” (ou Freshening no orixinal).

De acordo coa nova política, cada cidadán recibirá unha inxección, após da cal todo o mundo ve aos demais coma membro da mesma raza e do mesmo xénero ca eles. Pero entón, unha nova droga comeza a aparecer nas rúas, prometendo a oportunidade de ver o mundo coma realmente é.

A FilmNation Entertainment, Ali Wong, a Hyperobject Industries/Gary Sanchez Productions e mais a Rewild serán as compañias que produzan o proxecto.