O Ejiofor que caíu á Terra

141

O actor anglonixeriano Chiwetel Ejiofor (Children of Men, Doctor Strange) ven de se facer co papel protagonista da nova série The Man Who Fell to Earth no servizo de streaming Paramount+.

A série está baseada na novela homónima de 1963 escrita por Walter Tevis e no filme que en 1976 dirixiu Nicolas Roeg e protagonizou David Bowie. Na série, un álien (Ejiofor) chega á Terra no decurso dun punto de non retorno na evolución humana e deberá enfrontar-se ao seu própio pasado para determinar o noso futuro.

Alex Kurtzman e Jenny Lumet son os co-showrunners e produtores executivos, con Kurtzman coma director. Rola Bauer, Tim Halkin, Sarah Timberman, Carl Beverly, John Hlavin e mais Heather Kadin son os outros produtores executivos.