A guionista de Watchmen escribe o novo Blade

617

A libretista de New York Stacy Osei-Kuffour ven de ser contratada para escribir a nova adaptación ao cinema dos cómics de Blade para a Marvel Studios.

Osei-Kuffour traballou coma editora de histórias e escritora na aclamada série limitada da HBO Watchmen e agora encargará-se deste relanzamento da franquía do famoso vampiro, que xa conta co gañador dun Oscar Mahershala Ali no papel principal.

A participación de Ali fora revelada hai xa dezaoito meses no decurso da Comic Con de San Diego de 2019 e tanto el coma a Marvel pasaron meses reuníndo-se con guionistas nunha procura meticulosa para atoparen á persoa axeitada para o traballo.

Kuffour convérte-se deste xeito na primeira guionista negra en escribir unha película da Marvel, após da relativamente recente contratación da directora do relanzamento de Candyman, Nia DaCosta, coma primeira muller negra directora da Marvel.

A Marvel tentará agora atopar un director que traballe canda Osei-Kuffour, quen entre os seus cretos ten ademais a série Pen15 da Hulu, Run na HBO e Hunters na Amazon.