O director de Godzilla vs. Kong, Adam Wingard, porá-se ao cargo do remake do clásico thriller de acción Face/Off, que dirixiu John Woo en 1997 para a Paramount Pictures.
O filme orixinal estaba protagonizado por John Travolta e Nicolas Cage en senllos papéis de axente especial do FBI e de terrorista. Os dous arqui-inimigos adoptan a identidade do outro intercambiando fisicamente as súas facianas.
Joan Allen, Alessandro Nivola, Gina Gershon, Dominque Swain, Nick Cassavetes, Harve Presnell, Colm Feore e John Carroll Lynch foron os outros protagonistas desta longametraxe, que mália non obtér moi boas críticas, recadou 245 millóns de dólares en todo o mundo grazas ao indiscutíbel carisma dos seus dous actores principais.
Wingard escribirá o guión do remake xunto ao seu habitual colaborador Simon Barrett. Neal Moritz será o produtor.
ACTUALIZACIÓN: Ao día seguinte deste artigo, o director Adam Wingard dixo no seu Instagram que nunca faría un remake, e que o filme non será un remake, senón unha secuela que contará de novo coma protagonistas a John Travolta e Nicolas Cage.