O novo proxecto de Benioff e Weiss

574

Apoiados no seu acordo de cinco anos polo que cobrarán 250 millóns de dólares, os creadores de Game of Thrones, David Benioff e D.B. Weiss, veñen de anunciar un terceiro proxecto na Netflix.

Este será unha adaptación da novela gañadora do prémio Pulizer The Overstory, no que participará Hugh Jackman coma produtor executivo xunto a Bernie Caulfield, Benioff, Weiss e Richard Robbins, o autor do guión.

A série de fantasía céntra-se nun mundo xunto ao noso que é “enorme, interconectado, cheo de recursos, marabillosamente inventivo e case invisíbel para nós. Unha manchea de persoas dispares aprenden a ver ese mundo e ven-se arrastradas á súa catástrofe en desenvolvemento“.

A novela orixinal é unha obra de Richard Powers que foi publicada en 2018. O seu argumento vai sobre cinco árbores cuxas experiéncias vitáis únicas con nove americanos os unen para abordar a destrución dos bosques. Powers inspirou-se para escribir a obra mentres impartía clases na Universidade de Stanford e despois de se atopar coas sequoias por primeira vez.