Gina Carano, quen interpretou a Cara Dune nas primeiras dúas tempadas de The Mandalorian, ven de ser despedida fulminantemente pola Lucasfilm.
Nun comunicado, o voceiro da produtora dixo: “Gina Carano xa non está empregada pola Lucasfilm e non está previsto que o estea no futuro. Nombergantes, os seus posts nas redes sociais denigrando á xente pola súa identidade cultural e relixiosa son aborrecíbeis e inaceptábeis“.
Carano recibiu críticas nas redes sociais o mércores despois de compartir vários posts controvertidos en Instagram na noite do martes: nun dos posts comparaba o clima político de hoxe coa Alemaña nazi e infería que ser seguidor de Donald Trump é coma ser un xudeu durante o Holocausto.
Noutra foto, Carano amosaba a unha persoa con várias máscaras de tela que lle cobrían toda a face e a cabeza, co título “Mentres tanto en Califórnia”. Ambos posts foron borrados o mércores pola tarde, pero iso non evitou que o hashtag #FireGinaCarano (Despedir a Gina Carano) comezase a bulir esixindo o despido da actriz.
Carano xa fora obxecto de controvérsia nas redes cando o ano pasado comezou a se burlar do uso de máscaras e compartiu información falsa sobre o fraude electoral. Tamén burlou-se das persoas que utilizan os seus pronomes preferidos na plataforma.