Nicole Kassell, a responsábel de The Woodsman, dirixirá unha nova adaptación ao cinema do clásico libro de L. Frank Baum The Wonderful Wizard of Oz para a New Line.
Esta será unha versión fresca da novela infantil de Baum, pero ao contrário ca prévias adaptacións, tomará prestados elementos da longametraxe musical que gañou dous Oscars en 1939, coma os zapatos máxicos de rubí que levaba Dorothy.
Darren Lemke, Neil Widener e Gavin James escribiran con anterioridade esbozos para o guión, que producirán Marty Bowen, Marc Platt e mais Wyck Godfrey.
Kassell é un dos nomes con mais sona ultimamente na televisión grazas ao seu traballo en séries coma Watchmen, Westworld ou The Leftovers.
As novas chegan despois de que os estudos de efectos especiais e de animación Animal Logic anunciaran igualmente plans para realizar un musical en debuxos animados do libro para nenos Toto: The Dog-Gone Amazing Story of the Wizard of Oz. O proxecto, na actual liña de mistificación e reveréncia dos cans, será producido en Vancouver coa dirección de Alex Timbers, guión de John August e produción de Derek Frey.