A Netflix e mais a Penguin Random House Children veñen de pechar un acordo polo que levarán á tele a saga de novelas de fantasía Redwall orixinal do escritor inglés Brian Jacques.
O proxecto será convertido nunha longametraxe e mais nunha série de televisón. Para a película, o creador de Over the Garden Wall Patrick McHale escribirá o guión, baseándo-se no primeiro libro da série de Jacques. E a esta seguirá-lle unha série baseada no persoaxe de Martin o Guerreiro.
Os libros, que venderon no seu conxunto mais de trinta millóns de cópias en todo o mundo, narran as aventuras heroicas dos animais que habitan o bosque de Redwall Abbey. Esta será a primeira vez que se produza unha película baseada nas obras de Jacques, quen finou en 2011.