O produtor executivo de Battlestar Galactica Ron Moore e mais a 20th Television, propriedade da Disney, veñen de asinar un contrato polo que Moore mudará-se da Sony Pictures Television, coa que levaba traballando os últimos dez anos.
Baixo o acordo, Moore e mais a súa compañía, a Tall Ship Productions, crearán e desenvolverán novos proxectos dentro do catálogo da Disney. Os seus colaboradores habituais Maril Davis e Ben McGinnis tamén entran no acordo.
O primeiro proxecto será coa série Swiss Family Robinson para a Disney+ que desenvolve Jon M. Chu (Crazy Rich Asians). Segundo informan várias fontes, Moore renunciou a outras ofertas mais lucrativas, incluíndo unha para ficar na Sony, para poder facer este proxecto cos persoaxes da Disney.
O contrato en todo caso non o desvencella dos seus outros proxectos xa en marcha, na elitista Apple TV+ e na canle Starz, onde produce Mankind e Outlander respectivamente.